O verán, para muitos, é unha época de descanso absoluto, incluso cerebral, así pasan a maior parte desta época intentando fulminar neuronas a base de fumigamentos etílicos, pero, por muito que coste asumilo i por más que duela, el verano se está acabando, i nada millor para "la vuelta al cole" que un pouco de sabiduría, así que me dispongo a ilustraros cunha serie feitos científicos que igual vos sorprenden (ou igual no, pero en todo caso ese é o voso problema non o meu, que eu bastante teño con actualizar o blog). Pos lo dicho, aquí van algunas cosas curiosas de nuestra madre naturaleza:
*Unha millonésima da millonésima da millonésima da millonésima da millonésima de segundo despois do Big bang, o Universo tiña o tamaño dun guisante
*Nalgún lugar do parpadeo dun canal de televisión mal sintinizado atópase a radiación de fondo desprendida polo Big Bang 

*Cada hora o Universo expándese máis de mil millón de kilómetros en todas direccións
*O Océano Atlántico expándese cada ano 3 cm ao ancho
*Saturno flotaría se se puidese atopar un océano o suficientemente grande
*O risco de que un meteorito golpee a un ser humán é dunha posibilidade cada 9.300 anos
*Existen máis de 10.000 obxectos elaborados polo home cun tamaño maior que o dunha pelota de softball (cunha circunferencia de ata 30 cm) orbitando arredor da Terra
*Actualmente maís de 4.000 satélites orbitan o noso planeta
*Dentro de 5 mil millóns de anos o Sol quedará sen combustible e convertirase nunha xigante roca
*Cando o volcán Krakatoa fixo erupción en 1883, a forza que desatou foi tan colosal que puido oírse en Australia, a máis de 4.800 km de distancia
*A pedra de granizo máis grande pesou 1 kg e caeu en Bangladesh en 1986
*Arredor de 100 raios acadan a terra cada segundo. En calquera momento do día, caen sobre a terra case dous mil raios a causa das tormentas eléctricas

*Os relámpagos poden chegar a medir cerca de 50 km de largo, e o seu espesor é menos que unha pulgada (2,54 cm)
*Un raio acada unha temperatura maior que a da superficie do sol
*A probabiliadde de que che caia un raio encima é dunha entre tres millóns
Cerca de 1000 persoas morren ao ano a causa dos raios
*De media, os avións reciben polo menos un impacto por ano dun raio
*O medio de transporte máis perigoso é a bicicleta
*A forma máis segura de transporte é o ascensor
*O lugar máis profundo de todos os océanos do mundo atópase na Fosa das Marianas, no Pacífico, e ten unha profundidade de 10.924 metros
*Un obxecto pesado tardaría arredor dunha hora en fundirse uns 10 km na parte máis profunda do océano*A tenia humana pode chegar a medir os 23 metros
*As feridas plagadas de gusanos cicatrizan rapidamente e sen que se extenda a gangrena nin outras infeccións
*Transmítense máis xérmenes dando a man que bicando
*Cada persoa perde máis de 18 kg de pel durante a súa vida
*Ao longo da súa vida, un corazón humano bombea tanto sangue como para encher 100 piscinas
*Sin a súa capa de mucosidade, o estómago dixiriríase a si mesmo
*Os varóns producen mil células de esperma por segundo, 86 millóns ao día
*Os seres humanos masculinos producen ata 100 millóns de espermatozoides cada día
*Un feto femenino de 5 meses de xestación posúe sete millóns de óvulos nos seus ovarios. Cando acada a pubertade só lle quedarán 300.000
*Un de cada 2.000 bebes nace cun dente
*Somos cerca de 6 cm e medio máis altos de noite cando durmimos, que de día
*Cando unha pulga salta, o seu índice de aceleración é 20 veces superior ao lanzamento do transbordador espacial
*O salto dunha pulga de gato pode alcanzar unha altura de 34 cm
*O insecto alado máis pequeno do mundo, a avispa parasitaria de Tanzania, é máis pequeno que o ollo dunha mosca común
*As lombrices de terra posúen cinco pares de corazóns, (é dicir, 10 corazóns), na parte dianteira dos seus corpos
*O cosco de terra xiganten africano pode chegar a medir case 40 cm da cabeza á cola
*A árbore máis grande de todos os tempos era un eucalipto australiano, que en 1872 rexistrou unha altura de 132 metros
*Unha cuarta parte das especies vexeais do planeta estarán en perigo de extinción no 2010
*Os camellos resisten 17 días sen beber en condicións de calor extrema
*As xirafas poden limpiarse as orellas coa súa lingua, que mide medio metro
*As xirafas adoitan durmir durante 20 minutos ao día. poden chegar a durmir ata dúas horas (a ratos, non dunha soa vez), pero excepcionalmente. Nunca se deitan
*Un koala durme 22 horas ao día de promedio, dúas horas máis que o perezoso
*O bandicut de nariz curta ten un período de xestación de 12 días
*A chamada balea chepuda produce un son maís alto que o do Concorde e pode ser escoitado a 926 km de distancia
*A chamada de baixa frecuencia da balea chepuda é o son máis grande do planeta
*A porcentaxe de mortandade pola mordedura da serpe Manba Negra é do 95%
*Os científicos descubriron que os cans poden cheirar a presencia de autismo en nenos
*Os cans "avisa-ataques" poden alertar aos seus donos ata unha hora antes do inicio dun ataque epiléptico
*Os canguros posúen un pene bifurcado
...









No hay comentarios.:
Publicar un comentario