It's just a jump to the left
and then a step to de right
with your hands on your hips
you bring your knees in tight
but it's the pelvic thrust that really drives you insane,
let's do the Time Warp again!



Todo comezou en 1973, cando The Rocky Horror Show, unha fantasía musical escrita por Richard O'Brian (autor tamén do musical Jesucristo Superstar) debutou no Royal Court Theatre de Londres. A obra, que trata de dous estudiantes fresas (Susan Sarandon e Barry Bostwick) , que de repente se ven sumerxidos nun mundo decadente de rock'n roll, sexo e ciencia ficción, resultou ser un rotundo éxito. Ao chegar a Estados Unidos montouse no entón lexendario teatro Roxy dos Ángeles, no que un exectivo da Fox (de donde sinó) decidíu levala á gran pantalla convertíndoa en The Rocky Horror Picture Show (RHPS).

A pesar do grande éxito que tivo a obra teatral nos escenarios, a película, estreada en 1975, resultou ser un fracaso de taquilla. Porén, anos despois nunha sala de Nova Iorque, na función de media noite, comezou a chegar xente vestida coma os personaxes da película, incluso algúns dos asistentes sabíanse de memoria os diálogos.
Pouco a pouco, a xente comezou a desinhibirse e interactuar frente á pantalla mentres se proxectaba a pélícula: así naceu o mito!!

Nas grandes capitales do mundo creceu un mito underground que se propagou ata conversterse a RHPS nun clásico de culto. Máis de 30 anos logo do seu estreno, a función de media noite do RHPS segue a ser unha experiencia única, de feito aínda hoxe nos cines nos que se proxecta pode oírse ao público corear os temas, especialmente Time Warp ou Science Fiction Double Feature.

A película, en si mesma, é un musical que honra, á vez que saturiza, as películas de ciencia ficción,
concretamente as produccións en branco e negro da RKO.

Dende entón cada nova proxección de The Rocky Horror Picture Show é un acontecemento incomparable, de feito xa existe toda un lista de props (aderezos que debes levar á proxección da película) e instruccións para participar do seu uso durante o transcurso da mesma.

Breve lista de props:

Arroz: tira arroz cando, na boda de Ralph Hapschatt e Betty Munroe, salgan os novios da iglesia
Periódico: cando Bradd e Janet salgan do coche averiado en busca dun télefono, cúbrete a cabeza co periódicoPIstolas de auga: simula a tormenta cando Brad e Janet salgan do coche
Linterna: encéndea cando Brad e Janet canten "There´s a light"
Carracas e matasogras: ensordece á audiencia tal e como o fan os Transilvanos cando Frank lle sexplica o seu descubrimento
Guantes de goma: mentres Frank presenta á súa criatura chasquea tres veces os guantes, ao mesmo tempo que o fai el
Confeti: emprégao xunto aos Transilvanos cando Rocky e Frank se dirixan á súa "suite nupcial"
Papel hixiénico: tírao polos aires cando Brad exclame "Great Scott!" unha vez o profesor Scott atravesara a parede
Gorrito de festa: pono cando Frank lle cante "Cumpleanos feliz" a Rocky

Campanilla: faina soar cando Frank diga "Did you hear a bell ring?" durante a canción "Planet Schmannet"
Cartas: durante a canción "I´m going home" tira as cartas cando Frank diga: "Cards for sorrow, cards for pain"

No hay comentarios.: