
Dende hai dous anos vense celebrando en Viveiro o Resurrection Fest, un festival de Hardcore que parece perfilarse como un dos máis importantes deste estilo de música de España.
Dado que a entrada era de balde e que non me cadraba moi lonxe, e a pesar de non ser eu unha aficionada a este estilo de música -especialmente a máis metalera como Napalm Death-, este ano asistín ao primeiro día de concertos, e alí descubrín un grupo procedente de New York que finalmente rematou por conquistarme: Madball, que parece ser un dos grupo máis carismásticos e poderosos do Hardcore "New School" en xeral por influencia, lonxevidade e reputación.
O grupo está formado por Freddy (vocalista), Mitts (guitarra), Rigg Ross (batería) e o "pequeno" Hoya (baixo). Comezou a súa andaina en 1988 como un hobby, un simple grupo de amigos que se reunian para tocar, pero pronto se coverteu nalgo real e exitoso dentro do panorama muldial. No festival presentaron o seu décimo e novo disco "Infiltrate de system".
Aquí vos deixo un video clip do grupo do seu anterior album "Legacy" por se tedes interese en conocelos
I xa que estamos con descubrimentos estivales, deixovos aquí outro video clip, tamén de musica "metal", cuya canción amenizou varias chiringadas i que xa forma parte dunha das cancións da miña vida. Espero que vos guste i que disfruteis del tanto coma min.







No hay comentarios.:
Publicar un comentario